Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

28/04/2023 | 12:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda resalta o compromiso do Goberno galego coa emancipación da mocidade coa cobertura do 20 % do prezo de compra da primeira vivenda

Subliña que o obxectivo é “implantar medidas reais” para facilitar que os galegos poidan acceder a unha vivenda

27/04/2023 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica a convocatoria das axudas a concellos para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal e infravivendas por preto de 2,2 M€

As solicitudes poderán presentarse a partir de mañá, venres 28 de abril, e ata o 1 de xuño de 2023

26/04/2023 | 17:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a redacción do proxecto de 18 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo avanza a adxudicación do contrato por un importe de 177.870 euros

21/04/2023 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Observatorio da Vivenda de Galicia advirte do risco de que a futura lei estatal bloquee a promoción de novas vivendas protexidas

Axentes públicos e privados representados no Observatorio comparten a súa inquedanza polo impacto no sector residencial dalgunhas das medidas anunciadas

18/04/2023 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca de forma urxente o Observatorio da Vivenda de Galicia para abordar o proxecto da nova Lei estatal polo dereito á vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda indicou hoxe que o organismo se reunirá este venres para fixar unha postura común sobre o novo texto normativo entre as administracións públicas e os profesionais do sector representados no mesmo

15/04/2023 | 13:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia solicita ao Goberno central unha reunión con todas as comunidades para abordar a futura lei de vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, envía unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para esixir a convocatoria “coa maior urxencia posible” dunha Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo

14/04/2023 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reinicia os traballos para adxudicar as obras para urbanizar a fase 1 de San Paio de Navia, en Vigo

Heriberto García informa de que o seu departamento reactivou o procedemento de adxudicación esta semana despois de que o 12 de abril o Concello notificara a aprobación definitiva do proxecto de urbanización correspondente a este ámbito

11/04/2023 | 13:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abrirá o 28 de abril o prazo para que mozos menores de 36 anos poidan solicitar avais públicos para a compra da súa primeira vivenda

O programa está dotado dun orzamento global de 5 millóns de euros e o importe do aval poderá chegar ata o 20 % do prezo de adquisición do inmoble, que terá que utilizarse como residencia habitual e permanente do beneficiario

05/04/2023 | 15:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda avanza que a Xunta convocará este mes avais públicos para a compra de vivenda por parte de menores de 36 anos

Destaca que é “a primeira vez” que a administración autonómica lanza este tipo de apoios para facilitar o acceso da mocidade a unha vivenda