Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 223 novas da área temática Goberno galego:

08/02/2023 | 19:48 | C. de Sanidade

A Xunta incorporou xa a dous novos médicos con praza fixa na quenda de tarde do centro de saúde de Moaña

As prazas foron adxudicadas a través do sistema de concurso de méritos sen oposición habilitado pola Xunta a través dunha habilitación legal e os profesionais incorporáronse o pasado martes

08/02/2023 | 19:37 | C. de Sanidade

O centro de saúde de Verín contará dende hoxe cun segundo pediatra

Así o anunciou no Parlamento de Galicia o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen remarcou que o 100% dos cativos que queiran acudir ao pediatra neste centro de saúde atopan cita en dous días

01/02/2023 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros pon en valor o traballo deste primeiro ano da delegación da Xunta en Ferrol á hora de “tomarlle o pulso ás comarcas”

“A xestión realizada este ano demostrou que a Xunta avanza e cumpre coa súa folla de ruta que son os compromisos adquiridos ante a cidadanía e que se reflicten no Pacto de Estado por Ferrol”, lembra

26/01/2023 | 14:34 | A Presidencia da Xunta
25/01/2023 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coas entidades veciñais cun investimento de 3 M€ destinados a garantir a súa actividade

O delegado da Xunta reuniuse hoxe con asociacións de veciños de Noia para animar aos seus representantes a solicitar estas axudas

20/01/2023 | 10:45 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 300 novos funcionarios elixirán destino este mes tras superar o proceso selectivo do corpo auxiliar da Xunta


O Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana a resolución da Dirección da Función Pública pola que se convoca a elección de destino
 

13/01/2023 | 11:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de xaneiro un gran acto para reivindicar o impulso do Corredor Atlántico do noroeste

Galicia, Castela e León e Asturias reforzan a alianza que permitiu corrixir o erro histórico que deixaba o noroeste peninsular fóra do trazado dos corredores europeos de transporte de mercadorías