Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 297 novas da área temática Formación:

09/05/2023 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala que a nova ferramenta tecnolóxica, EMI, que sincronizará oferta e demanda en tempo real porase en marcha este mes en tres oficinas piloto

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, deu hoxe conta no Parlamento da execución do Plan de acción en materia de emprego para 2023

29/04/2023 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 489.000 euros en axudas a concellos de Ferrolterra para a contratación de 35 persoas perceptoras da Risga

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora con 11 concellos da zona na contratación de 35 persoas desempregadas

28/04/2023 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencia fronte aos riscos psicosociais do seu labor

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na apertura da II Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia

27/04/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala a importancia de fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as rapazas desde idades temperás para que elixan os estudos “sen prexuízos”

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe por videoconferencia na apertura da xornada organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia con motivo do Día Internacional das Rapazas nas TIC

25/04/2023 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala aos docentes e aos profesionais de atención á diversidade como o piar do modelo de ensino inclusivo de Galicia

O conselleiro entrega os Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva a centros de toda a Comunidade, correspondentes ás tres últimas edicións

24/04/2023 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reúnese coa Fundación Amigos de Galicia coa que colabora na cualificación de persoas desempregadas e na atención a mulleres vulnerables

Defendeu o reforzo da orientación laboral como clave para que colectivos prioritarios como mulleres, mozas e mozos e parados de longa duración melloren súas oportunidades

23/04/2023 | 10:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conmemorará o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo cunha semana de actos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organiza visitas escolares aos seus centros, xornadas técnicas e participa en foros de ámbito estatal

22/04/2023 | 10:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Unha vintena de mulleres desempregadas de longa duración da Coruña, Lugo, Baralla e Viveiro melloran co programa Entrena Empleo + a súa inserción laboral

A Xunta colabora coa Fundación Santa María la Real no desenvolvemento dunha nova edición desta iniciativa que rematará en xuño

21/04/2023 | 18:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Escola Galega do Deporte organiza as xornadas sobre inclusión dirixidas á formación de persoal técnico deportivo

Serán catro módulos sobre o deporte como vehículo integrador, o papel do adestrador na inclusión, as etapas de desenvolvemento dos nenos e nenas e os valores do deporte inclusivo.

20/04/2023 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza un encontro formativo para educadores sociais e persoal dos equipos técnicos do menor

O obxectivo deste foro, que se realiza en colaboración co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, é crear rede entre os profesionais e mellorar as intervencións que se realizan desde o eido da atención á infancia