Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 239 novas da área temática Conservación da natureza:

17/03/2023 | 10:46 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina máis de 4 M€ a promover accións entre os concellos da comunidade para fomentar o embelecemento do litoral

O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras.

02/03/2023 | 15:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Goberno galego aproba o Plan de uso e xestión do Parque Natural Fragas do Eume, cunha vixencia de 10 anos e un investimento estimado de 8,5 M€

Rueda subliña que o obxectivo é “buscar o equilibro” entre a conservación dos recursos e as actividades socieconómicas e a presenza humana ordenada no parque

01/03/2023 | 20:17 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 0,28 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

26/02/2023 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-533 na Gudiña

Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-801, nos concellos de Padrenda e de Ribadavia

25/02/2023 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Universidade de Santiago colaboran nun proxecto para a recuperación dunha planta ameazada en Corrubedo

Tras verificar a súa ausencia no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, levouse a cabo un proceso de repoboación da especie Iberodes littoralis nun dos seus hábitats naturais

24/02/2023 | 14:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o potencial dos sendeiros con bandeira azul para atraer viaxeiros e fortalecer o sector turístico

Agradece que Galicia fora elixida para a entrega dos galardóns que recoñecen os valores naturais e patrimoniais de 600 quilómetros a través de dez Comunidades autónomas

23/02/2023 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por levar o concepto de economía circular máis alá dos residuos e avanza no primeiro manual de contratación ecolóxica de Galicia

Sagrario Pérez salienta a oportunidade que ofrecen os fondos europeos para investir en proxectos clave para superar o modelo económico lineal e incide na importancia de que todas as administracións sumen esforzos co fin de reducir a produción de residuos

22/02/2023 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima un plan de acción con recomendacións que completará os traballos desenvolvidos en Galicia para erradicar a herba da pampa

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno galego colabora co proxecto Life+ Stop Cortaderia, cuxo obxectivo fundamental é a posta en marcha dunha estratexia común e transnacional de loita contra esta especie exótica invasora en todo o Arco Atlántico

21/02/2023 | 18:27 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 47.000 euros en accións de prevención de incendios forestais nos concellos de Porto do Son e Ribeira

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes das parroquias de Noal, no concello de Porto do Son; e Carreira e Oleiros, no concello de Ribeira.

19/02/2023 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por desfrutar dun entroido sostible cun consumo responsable e coa reciclaxe dos residuos

Ángeles Vázquez pon en valor que municipios como Laza conten cos medios para facilitar o sinxelo, pero fundamental xesto de separar correctamente os refugallos e depositalos no contedor correspondente