Actualidade
Buscador de novas
Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego grazas a un acordo con Asoporcel
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na presentación da colaboración coa Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, que permitirá aos produtores acceder ao uso do selo de garantía
A Xunta subliña en Viveiro a aposta pola transformación dixital do comercio de proximidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación da nova APP de fidelización de clientes do Centro Comercial Histórico da localidade, que conta co apoio da Administración autonómica
Trenor avoga pola colaboración entre a administración e o tecido empresarial galego para seguir batendo récords en exportacións
O delegado da Xunta participou no acto de inauguración da feira ExporPymes organizada pola Cámara de Comercio
Os participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración coñecen a Feira de Artesanía de Agolada e o mercado de abastos de Santiago
Durante este fin de semana, os máis de 50 galegos do exterior que participan en este curso tamén realizaron no centro de Santiago unha foliada para mostrar os bailes que están a desenvolver neste programa onde reciben docencia en baile, canto popular e pandeireta tradicional, gaita, percusión, confección de traxes e cociña galega
Galicia reforza as relacións comerciais con China cun novo acordo coa Cámara de Comercio e Industria do país asiático
Asinado no transcurso dunha viaxe a China levada a cabo estes días por representantes do Igape, dá continuidade ao impulsado no 2018, que fixo de Galicia a primeira Comunidade autónoma en contar cun memorando destas características cunha das cámaras de comercio máis importantes do país que agrupa máis de 10.000 empresas
Lorenzana reivindica en Agolada a importancia cultural e económica da artesanía de Galicia
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a décima edición do Corazón da Artesanía, onde sinalou que o número de obradoiros rexistrados alcanza xa os 857, case o dobre que en 2012
O encontro Corazón da Artesanía celebra desde mañá en Agolada a súa décima edición unindo oficios tradicionais, gastronomía e música
A Xunta de Galicia organiza no conxunto histórico-artístico dos Pendellos esta iniciativa na que se amosará entre mañá e o domingo o traballo de 53 artesáns de 25 oficios diferentes, e no que haberá 31 expositores de produtos gourmet
A campaña "Mercar no teu comercio ten premio" beneficiará a clientes de máis de 35 localidades galegas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou esta mañá en Santiago de Compostela a iniciativa, que se desenvolverá ata novembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio
A Xunta promove a comercialización de Artesanía de Galicia nunha tenda efémera en Sanxenxo en colaboración coa firma téxtil D-due
O Pop Up Artesanía de Galicia & D-due inclúe pezas de 47 obradoiros artesanais galegos e Galicia Summer Shop especializados en olería e cestería tradicional, madeira, tecido, madeira, vidro, estampaxe ou coiro, entre outros