Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

09/10/2023 | 15:25 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza a creación dun bono universal de 5.000 euros ao ano para as persoas con dependencia que son coidadas na súa casa

Anuncia tamén un complemento de 1.200 euros anuais para todos os dependentes que conten cun bono para acudir ao centro residencial da súa preferencia

05/10/2023 | 16:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta require ao Concello de Lugo un informe sobre o edificio apuntalado na rúa do Moucho

O delegado territorial, Javier Arias, explicou ao presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre, que o Goberno galego xa autorizou no 2015 as intervencións recollidas nunha orde de execución municipal

04/10/2023 | 15:36 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda traslada a disposición da Xunta en colaborar no proxecto do parque acuático e seguir consolidando Ourense coma referente termal

Valora a posibilidade de que o parque acuático termal na cidade sexa financiado con fondos Next Generation, pero asegura que “é preciso máis concreción” sobre a iniciativa por parte do concello

04/10/2023 | 11:57 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria

A Xunta propón a Manuel Pérez Álvarez como presidente do Consello Económico e Social de Galicia

Despois de trasladarlle esta proposta a todas as organizacións sindicais e empresarios e ao resto de asociacións e entidades representadas no pleno do organismo consultivo, o nomeamento corresponde ao presidente da Xunta, tras a comparecencia do candidato no Parlamento

03/10/2023 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/09/2023 | 19:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Covelo destinan máis de 150.000 € á humanización da contorna da praza da Ermida

Ángeles Vázquez explica que esta actuación se levará a cabo ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar aos municipios a financiar este tipo de proxectos que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

26/09/2023 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede temporalmente parte das súas instalacións da Casa Grande de Viloira á Deputación Provincial de Ourense para que emprace a súa sede provisional na comarca de Valdeorras

O delegado territorial subliñou a fluída colaboración entre ámbalas dúas administracións e sinalou ás veciñas e veciños como os “verdadeiramente beneficiados desta cooperación, pois nas mesmas instalacións comparecen os servizos de dúas entidades con prestacións próximas ás necesidades dos habitantes e residentes da contorna”

12/09/2023 | 14:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a formación en competencias dixitais dos empregados públicos

O Curso superior de Administración electrónica, promovido pola Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas

01/09/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa accións de mellora na contorna natural de máis de 200 concellos a través do fondo de compensación ambiental

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou a dotación adquirida pola Mancomunidade Terra de Celanova ao abeiro da medida