Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

24/11/2023 | 19:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén recalca a contribución da música a prol da prevención da violencia de xénero

Gabriel Alén manifestou que a música é capaz de espertar emocións; un instrumento eficaz para comunicarse e destacou aquelas cancións comprometidas cunha sociedade libre de violencia de xénero, cancións que fomenten a igualdade e traten ás mulleres de forma respectuosa e igualitaria

24/11/2023 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achega 833.000 € ao emprendemento feminino na área de Vigo a través do programa Emega

O delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este venres unha farmacia de Gondomar que se se acolleu á liña de axudas para a consolidación de proxectos empresariais impulsados por mulleres

23/11/2023 | 20:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a xornada Emprego Sen Etiquetas para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados

A secretaria xeral da Igualdade e a directora xeral de Relacións Laborais participaron no acto onde se puxo de relevo o plan pioneiro que con 2,25 M€ buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en eidos económicos onde predominan os homes

23/11/2023 | 16:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a iniciativa de concienciación contra a violencia de xénero da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui

O delegado territorial participou nunha das iniciativas levadas a cabo por esta entidade de voluntarias

23/11/2023 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o momento histórico do deporte base galego cun Xogade que medra en participación, orzamento, oferta, inclusión e igualdade

O secretario xeral lembra no Parlamento que a partir de 2024 o Bono Deporte beneficiará a cada neno de entre 6 e 16 anos federado ou no XOGADE con 120 euros para a adquisición e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas

23/11/2023 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sinala ao traballo na prevención como unha das solucións para poñer fin á violencia contra as mulleres

O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, apoiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia

22/11/2023 | 13:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a Monforte de Lemos a campaña ‘Ti elixes’ coa que promove a prensenza feminina en sectores masculinizados e busca rachar cos estereotipos

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron hoxe nunha charla con escolares do IES A Pinguela