Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

06/02/2024 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve necesaria unha regulación adecuada que permita ás industrias coxeradoras ser competitivas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Madrid nunha mesa redonda no marco da xornada ‘A coxeración e a industria: claves para a descarbonización’, que se desenvolve dentro da Feira internacional de Enerxía e Medio Ambiente Genera 2024

05/02/2024 | 12:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia incorpora catro novos investigadores ao programa Oportunius

Os novos investigadores contratados pola Axencia Galega de Innovación son María Giménez, Diego Peña, Yolanda Prezado e Carlos Sebastián Villasante, beneficiarios das prestixiosas axudas do ERC

02/02/2024 | 21:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o talento feminino na entrega dos premios Empresarias de Galicia

Pon ás mulleres galegas como exemplo de capacidade de superación, dedicación, esforzo e emprendemento

02/02/2024 | 18:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta reúnese co comité de empresa de Alcoa para avaliar o estado de tramitación dos expedientes eólicos relacionados coa planta

Esta reunión serviu para acreditar a remisión en prazo de todos os informes sectoriais por parte dos organismos da Xunta nos parques de tramitación estatal

02/02/2024 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Vilagarcía os apoios para que as pemes aposten pola innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o delegado da Xunta, Agustín Reguera, participaron esta mañá nunha xornada informativa celebrada en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

02/02/2024 | 12:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Ageinco a situación do sector da enxeñaría, a consultoría e os servizos tecnolóxicos

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión de traballo con representantes desta asociación

01/02/2024 | 18:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa de que aínda se poden presentar solicitudes ao programa Renova o teu vehículo

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo hoxe en Corgal Automóviles – concesionario KIA na Coruña, un dos establecementos adheridos

01/02/2024 | 17:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ribadumia a aposta do grupo Bodegas Gallegas polo deseño para incrementar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a bodega Rectoral do Umia, que co apoio do programa DeseñaPeme constrúe e deseña a marca dun novo albariño “premium”

31/01/2024 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana defende unha política económica de apoio á empresa para incentivar o investimento en Galicia

Salienta a necesidade de achegar seguridade xurídica e de desburocratizar para acelerar a tramitación de novos proxectos, e reivindica unha política enerxética vinculada ao sector industrial para abaratar o prezo eléctrico
 

31/01/2024 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Ourense dos apoios para que as Pemes e microempresas aposten pola innovación

A Axencia Galega de Innovación celebrou esta mañá en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense e o Parque Tecnolóxico de Galicia unha xornada informativa de presentación dos apoios á innovación e á I+D abertos ou próximos a publicar