Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

19/10/2023 | 13:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a aposta por unha Galicia dinámica e inclusiva cuns orzamentos que medran un 2,4% ata acadar os 501,6 M€ na Consellería de Promoción do emprego e Igualdade

Estas contas expansivas permitirán avanzar na loita contra a violencia de xénero, impulsar o emprendemento e seguir a apoiar o traballo autónomo

17/10/2023 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza o compromiso coas entidades locais con máis de 152 M€ do Fondo de cooperación local

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantiveron un encontro con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias

 

17/10/2023 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fegamp intensifican o traballo para avanzar nas negociacións da clarificación das competencias das administracións autonómica e local

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou hoxe nunha nova reunión da comisión técnica que está a avaliar os estudos da Xunta e a Fegamp co obxectivo de chegar ao máximo consenso no maior número posible de ámbitos

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro

16/10/2023 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Piñor poñen á disposición da veciñanza un edificio de usos múltiples

Cun investimento de máis de 500.000 €, a obra acometeuse ao abeiro do plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

15/10/2023 | 16:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 340.000 euros a obra de acondicionamento da vía paralela á liña ferroviaria no concello do Porriño

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

13/10/2023 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste este ano case 400.000€ en actuacións impulsadas polos concellos de Lobios, Muíños e Bande no marco das axudas de apoio ao eido local

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou as localidades para comprobar as melloras feitas en diversas infraestruturas e servizos municipais