Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

03/05/2024 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a transmisión da ourivería e da acibechería tradicional de Compostela

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron en Santiago de Compostela ao remate dun curso sobre ‘Técnicas de ourivería e acibechería’

02/05/2024 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por unir sinerxías público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades

José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos

02/05/2024 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia

Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica

01/05/2024 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores na comunidade

30/04/2024 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Lugo pola súa relevancia no sector forestal unha nova campaña para garantir a seguridade nos aproveitamentos en zonas perigosas

González agradeceu a implicación das asociacións e empresas representativas deste eido económico á hora de previr os riscos laborais das persoas traballadoras para asegurar a súa competitividade e que siga servindo de panca impulsora do medio rural

29/04/2024 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia un proceso de escoita activa coa patronal e os sindicatos para dar solucións aos novos retos

Están previstas nos vindeiros días xuntanzas con cada un dos representantes dos sindicatos de UXT, CCOO e CIG co obxectivo de seguir matendo un posicionamento de escoita activa cos axentes sociais e económicos para acertar no deseño das medidas 

29/04/2024 | 14:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
27/04/2024 | 19:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Ourense a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da XXVII Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 5 de maio

26/04/2024 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz anima aos emprendedores vigueses a facer o “seu bo camiño” co impulso da Xunta e a través do evento The Way Startup Summit 2024

A delegada territorial participou este venres na presentación do foro de emprendemento que acollerá Vigo o vindeiro mes de maio