Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

18/07/2024 | 13:57 | C. de Sanidade

A Xunta e FEGEREC colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas

A experiencia previa de colaboración acredita que as actividades recollidas no convenio melloran a calidade de vida dos pacientes con resultados mesmo mellores do agardado

17/07/2024 | 18:32 | C. de Sanidade

A Xunta e o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia inician as xornadas de robótica para nenos ingresados nos hospitais públicos

Estas actividades realízanse no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas as partes, que prevé a realización de 14 obradoiros, 2 en cada área sanitaria

17/07/2024 | 13:57 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Vedra colaborarán na reforma interior e na renovación das envolventes do centro de saúde da localidade

O Executivo galego achegará o 80% dos arredor de 600.000 euros que se estiman necesarios para a reforma integral do interior do edificio e para mellorar enerxeticamente a infraestrutura, actuando nas fachadas e na cuberta

17/07/2024 | 13:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño anuncia o inicio mañá das obras do novo laboratorio de microbioloxía e da área de cardioloxía do Hospital de Monforte ás que a Xunta destina 1 M€

Avanza a previsión da Xunta de licitar este ano o Plan director de reforma integral do hospital, que suporá a reestruturación de 10.000 metros cadrados para habilitar espazos máis amplos, modernos e funcionais

17/07/2024 | 12:26 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade renova a composición da comisión de garantía e avaliación da eutanasia en Galicia

O doutor Rafael Monte Secades será o novo presidente do órgano que revisa o cumprimento da Lei de regulación da eutanasia, en substitución da doutora Nieves Molíns Gauna

16/07/2024 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta licita as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía por 19 M€

O futuro edificio de dúas plantas albergará 18 consultas de medicina xeral, 17 de enfermería, 6 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica

16/07/2024 | 09:53 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue leva a campaña “Somos Olímpicos” ata Allariz

Este municipio foi un dos de máis elevada participación da provincia de Ourense no pasado ano 2023, con 48 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

15/07/2024 | 18:10 | C. de Sanidade

A ambulancia de Soporte Vital Avanzado de enfermería de Lalín asistiu 62 persoas desde a súa incorporación á rede de transporte sanitario urxente de Galicia-061

Vén reforzar, desde o pasado día 1 de xuño, a cobertura sanitaria ás urxencias e as emerxencias das máis de 35.000 persoas dos concellos da comarca

15/07/2024 | 18:00 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e Stellantis Vigo promoven unha nova campaña de doazón de sangue

A factoría viguesa acolle durante os días 16, 17 e 18 xullo a terceira das catro visitas anuais que ADOS ten programadas durante o ano 2024

15/07/2024 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais