Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

15/07/2024 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

12/07/2024 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o impacto das casas niño na conciliación das familias do rural

O Goberno galego impulsou desde o ano 2016 a creación dun centenar de centros que ofrecen atención 100% gratuíta en concellos sen escola infantil

11/07/2024 | 21:17 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival

11/07/2024 | 17:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia conta cun dos servizos de tratamento psicolóxico a vítimas de violencia de xénero máis completos de España

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destaca que en Galicia as vítimas de violencia sexual si teñen atención xurídica gratuíta

11/07/2024 | 10:40 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e AFAMMER abordan medidas para a mellora da saúde das mulleres do rural

Ambas as partes coinciden na necesidade de establecer canles de diálogo e coordinación para fomentar a promoción da saúde entre as mulleres do rural, favorecendo a igualdade de oportunidades

09/07/2024 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece a contribución do Curso de Verán de Igualdade da USC na construción dunha Galicia máis feminista e máis diversa

María Quintiana advirte sobre as novas formas de violencia contra as mulleres e as nenas, como as violencias dixitais, destacando que isto só demostra que os avances tecnolóxicos poden converterse en aliados ou en inimigos

08/07/2024 | 14:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o apoio ao cooperativismo e a economía social para a xeración dun emprego inclusivo, igualitario e solidario

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interviu hoxe na xornada de presentación de resultados do programa +COOP, organizado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Rede Eusumo da Xunta.

06/07/2024 | 16:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar vocacións tecnolóxicas entre as nenas

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

06/07/2024 | 10:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo pola igualdade que levan a cabo as entidades de mulleres rurais de Galicia

A través do Plan Corresponsables apóianse programas de conciliación e corresponsablidade que levan a cabo estas entidades