Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

19/06/2024 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade xornalística de transmitir os seus avances á sociedade

O conselleiro participa na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2024 organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación

17/06/2024 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros destaca a implicación da Xunta no fomento das vocacións STEM entre o alumnado

Un total de 31 escolares do CPR San Rosendo de Ferrol participaron esta mañá en dous talleres do programa co que a Xunta de Galicia pretende achegar o coñecemento científico-tecnolóxico aos máis novos

12/06/2024 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola ciberseguridade como piar na dixitalización da xustiza

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración das XVII Xornadas xurídicas Román García Varela

10/06/2024 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta difunde as capacidades de investigación e innovación de Galicia ante unha delegación internacional do sector biotecnolóxico

A directora da Axencia Galega de Innovación saúda aos representantes de seis países  que visitan o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC

06/06/2024 | 18:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha política de innovación europea baseada na colaboración interrexional a través da ‘Vanguard initiative’

A directora da Axencia Galega de Innovación participa na reunión de directores de alto nivel desta Iniciativa, unha alianza de 38 rexións europeas interesadas en estimular a innovación a través da colaboración interrexional

05/06/2024 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúnese en Bruxelas con distintas institucións comunitarias para aproveitar as oportunidades que ofrece Europa no eido da I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, mantén un encontro de traballo con responsables da Dirección Xeral de I+D+i da Comisión Europea e do Consello Europeo de Investigación (ERC nas súas siglas en inglés)

05/06/2024 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial

Ardao destacou que UNVEX contribúe a visibilizar as capacidades, o talento e as tecnoloxías desenvolvidas polas empresas e centros de coñecemento galegos

03/06/2024 | 17:52 | C. de Sanidade

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia desenvolverán desde xuño obradoiros de robótica para nenas e nenos hospitalizados

O Servizo Galego de Saúde destinará 11.500 euros para adquirir o equipamento co que impartir obradoiros con robots que simulan coches ou mascotas

03/06/2024 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Ciclo de Cultura Científica da Xunta afonda mañá no impacto da intelixencia artificial na educación da man do investigador Francisco Bellas

O experto ofrecerá na Cidade da Cultura unha visión realista e fundada sobre os novos retos que supón a aparición desta nova tecnoloxía