Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14 novas da área temática Fondos europeos:

30/05/2024 | 16:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta licita as obras de restauración do templo votivo de Panxón por máis de 360.000 euros

A actuación conta cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo neste ben de Nigrán

30/05/2024 | 13:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e optimizar o seu aproveitamento

Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o Perte para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe algo máis de 10 millóns de euros co obxectivo de impulsar melloras neste eido

29/05/2024 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia

24/05/2024 | 11:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará ao Concello de Fornelos de Montes máis dun millón de euros para converter as antigas vivendas dos mestres nun fogar residencial para persoas maiores

Financiaranse o 100% das obras de acondicionamento para dotar ao municipio dun centro residencial que terá ata un máximo de 16 prazas e será de xestión municipal