Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 127 novas da área temática Facenda:

14/06/2024 | 12:37 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduciu a súa débeda en máis de 200 M€ no último ano e 1,4 puntos a ratio débeda/PIB

O incremento puntual do endebedamento no primeiro trimestre de 2024 vén provocado pola falta de actualización por parte do Goberno central das entregas a conta do sistema de financiamento autonómico

12/06/2024 | 17:03 | C. de Facenda e Administración Pública
12/06/2024 | 16:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta por un sistema de financiamento baseado na suficiencia e na igualdade e pide “unha posición de país” na defensa dos intereses de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública respondeu no Parlamento a unha interpelación sobre a posición de Galicia no Sistema de Financiamento Autonómico

07/06/2024 | 15:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia acolle a sinatura da Declaración de Compostela para reclamar unha cultura de cooperación no ámbito da contratación pública en beneficio dos cidadáns

O documento, asinado por todas as CCAA, incide na importancia de reforzar o papel do Comité de Cooperación en materia de contratación pública, que permita ás distintas entidades participar e aportar o seu coñecemento, desde o inicio das actuacións

07/06/2024 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta avanza polo camiño da solvencia e a estabilidade como máximas garantías para todas as empresas que queiran investir na Comunidade

Miguel Corgos clausurou o Encontro Finance Date 2024 da APD, onde afirmou que este marco de seguridade permite a Galicia ter un bo acceso aos mercados capitais e cubrir as súas necesidades de financiamento en mellores condicións que outras administracións

06/06/2024 | 11:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reclama unha cogobernanza efectiva no ámbito da contratación pública en beneficio de toda a cidadanía

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o III Encontro Autonómico de Contratación Pública do que Galicia é a Comunidade anfitrioa

05/06/2024 | 14:39 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta organiza a III edición de Somos Cibernéticas, un encontro para promover o talento feminino no eido da ciberseguidade

Arredor de medio cento de rapazas de 4º da ESO participarán o 11 de xuño nos desafíos que formularán catro mulleres especialistas en ciberseguridade

04/06/2024 | 13:30 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta traballa na configuración dun territorio intelixente, que facilitará a xestión dos servizos públicos e dos sectores produtivos

Xa está en marcha a Rede ICousas, pedra angular desta iniciativa, que permitirá a sensorización do territorio

03/06/2024 | 17:44 | C. de Facenda e Administración Pública

Os contribuíntes galegos xa se están a beneficiar das medidas de alivio fiscal postas en marcha en Galicia para loitar contra a suba de prezos

A Xunta colabora con 36 funcionarios na campaña de atención aos contribuíntes para a elaboración da renda 2023