Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

09/07/2024 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede este ano 4,7 M€ en axudas a concellos e comunidades veciñais para executar 265 actuacións que melloren os sistemas de abastecemento e saneamento

Ángeles Vázquez salienta que se triplicou o orzamento inicial das convocatorias de 2024 para chegar ao 100% dos concellos solicitantes e que cumprían os requisitos

07/07/2024 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
26/06/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento e optimizar o uso da auga

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste procedemento, que conta cun orzamento de preto de 5,8 M€ e está dirixido a municipios interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento

25/06/2024 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realizou no que vai de ano actuacións de conservación en máis de 150 quilómetros de ríos galegos cun investimento dun millón de euros

Ángeles Vázquez explicou que os traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas

25/06/2024 | 09:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia

Fanse co obxectivo de garantir a operatividade e non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas serán audibles 

20/06/2024 | 16:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por aproveitar a nova Lei do ciclo integral da auga para impulsar a profesionalización do sector e da xestión dos recursos hídricos

Roi Fernández defende incorporar á xestión da auga unha visión global que inclúa todas as fases do ciclo e os seus usos e implique ao conxunto dos axentes implicados

20/06/2024 | 12:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nun tramo do río Umia ao seu paso por varios concellos

As tarefas, que se centran en arredor de 4,2 quilómetros da canle fluvial, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos