Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destinou preto de 300.000 euros á mellora das infraestruturas rurais de Castroverde
O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, participou na inauguración do acondicionamento e ampliación do Centro Multiusos e visitou tamén a reforma realizada na oficina rural desta localidade luguesa
Rueda aposta por deseñar medidas específicas para o rural en materia de emprego e servizos sociais para garantir a igualdade de oportunidades
Pon en valor iniciativas como as casas niño ou as casas do maior, que permiten ofrecer estes servizos onde non funcionan os modelos tradicionais
A conselleira de Medio Rural e a Federación Nacional de Industrias Lácteas aúnan esforzos para garantir a estabilidade do sector
María José Gómez reuniuse hoxe coa Fenil para abordar a situación dos prezos do lácteo e lograr a rendibilidade para toda a súa cadea de valor
A conselleira do Medio Rural pide o compromiso das cadeas de distribución co prezo do leite e coa promoción dos produtos agroalimentarios galegos
María José Gómez mantivo hoxe un encontro con representantes das principais empresas de distribución que operan en Galicia para continuar colaborando en favor do sector primario
A Xunta fomenta a bioseguridade para o transporte de gando e viveiros de produción de materiais vexetais cun orzamento de máis de 400.000 euros
A Consellería do Medio Rural publica a resolución destas axudas no Diario Oficial de Galicia
Rueda destaca que Galicia lidera un proxecto para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo español
Salienta que o obxectivo é que o sector primario colla “o tren do futuro” sen perder “a súa esencia e tradición”
Medio Rural participa nun proxecto europeo para abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participou hoxe na presentación de Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de España, Francia e Portugal
Belén do Campo anima ás cooperativas a solicitar as axudas para a adquisición de maquinaria en común que ascenden a máis de 4 millóns de euros
A representante do Goberno autonómico destacou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético