Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

22/07/2024 | 15:40 | C. de Sanidade

A Xunta lembra as principais recomendacións ante as altas temperaturas previstas para estes días

Na zona do Miño de Ourense hai aviso amarelo por temperaturas de 36 graos no día de hoxe entre as 15 e as 21 horas 

22/07/2024 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 275.000 euros os programas de conciliación familiar da comarca de Caldas

O delegado territorial visitou os programas de conciliación de Cuntis e Caldas de Reis e destacou a importancia da colaboración entre institucións

22/07/2024 | 15:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego estrea na MIT de Ribadavia o espectáculo ‘Nada se sabe’ en coprodución con Culturactiva

Sobre o escenario, catro intérpretes con discapacidade dialogan co Filoctetes de Sófocles en versión de Manuel Lourenzo e codirección de Ignacio García e Fran Rei

22/07/2024 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
22/07/2024 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a contratación neste verán de auxiliares de policía local nos concellos máis turísticos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que se destinan “145.000 euros” á contratación de profesionais “en once municipios” da comunidade 

22/07/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta unificará nun único espazo dixital toda a información das xestions da cidadanía coa administración

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que este servizo estará operativo “no segundo semestre de 2025”

22/07/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que ademais Galicia “é a comunidade con maior tasa de resolución” dos fondos europeos, segundo datos do Ministerio de Economía

22/07/2024 | 14:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no ‘Festival Asnot’ de Padrón

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que busca animar ao uso de sombreiros a través do humor e do enxeño

22/07/2024 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pídelle ao Goberno central que convoque unha Conferencia de Presidentes e a declaración da emerxencia migratoria

O Executivo galego amosou a súa solidariedade coas persoas migrantes, pero reivindicou a necesidade dunha maior planificación