Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

16/03/2023 | 11:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o impulso das tecnoloxías disruptivas no sector público con iniciativas como o Gobtech, o xemelgo dixital de Galicia e a sensorización do territorio

Son medidas xa en marcha, enmarcadas na Estratexia Galicia Dixital 2030, que ten como eixo transversal a especialización tecnolóxica da Comunidade

14/03/2023 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Colexio Profesional de Informáticos renovan a colaboración para levar Navega con rumbo a 240 centros de ensino este curso

O conselleiro de Educación e o presidente da entidade asinan un convenio para o desenvolvemento da undécima edición desta iniciativa

08/03/2023 | 13:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre a inscrición da oitava edición de Tecnólog@ por un día e do programa Mentoring FP

Tecnólog@ por un día conta con máis de 50 prazas para rapaces de 12 a 17 anos, que durante abril e maio poderán visitar algunha das empresas tecnolóxicas que colaboran coa iniciativa e as instalacións do GaiásTech

07/03/2023 | 15:35 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O emprego no sector tecnolóxico crece máis entre as mulleres que entre os homes en Galicia ata alcanzar as preto de 9.000 empregadas

Os datos do IGE analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia indican que o emprego feminino medrou en 2022 un 5,5%, fronte ao 5% no caso dos homes

28/02/2023 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros ao programa de libro electrónico E-Dixgal

Facilítanse ultraportátiles e acceso a contidos e materiais a estudantes entre 5º de Primaria e 4º de ESO

27/02/2023 | 12:40 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro GaiásTech acolle mañá unha xornada sobre a aplicación das tecnoloxías disruptivas no sector empresarial

A través de mesas redondas e relatorios abordaranse as tendencias e solucións que achegan ao tecido produtivo o blockchain, o big data, a internet das cousas, a intelixencia artificial e a realidade virtual

22/02/2023 | 10:47 | C. de Facenda e Administración Pública

O centro Gaiástech achega a vangarda tecnolóxica ás empresas de Galicia

Esta instalación, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, centra parte da súa actividade deste ano na difusión de avances en tecnoloxías intelixentes, neurotecnoloxía, estratexia empresarial, deseño ou marketing

12/02/2023 | 12:01 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta estende a plataforma FIDES como a canle dixital especializada para a xestión do emprego público

Busca dotar a Administración autonómica dun sistema de xestión que dea soporte ao expediente dixital do empregado público, aos procesos de selección de persoal e de carreira profesional de modo integramente dixital

11/02/2023 | 13:37 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta defende o papel do software libre como axente facilitador para o fomento de vocacións tecnolóxicas entre as mulleres

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presenta un programa de actividades coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

06/02/2023 | 15:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 435.100 € a 18 pemes lucenses para implementar proxectos de dixitalización

O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións de A Vida 013, que está a introducir un sistema integrado de xestión para o mellor control de todas as operacións de produción e administración