Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 236 novas da área temática Lingua:

10/05/2023 | 14:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza no Parlamento as tres primeiras ferramentas do Proxecto Nós xa dispoñibles para situar ao galego na vanguarda tecnolóxica

Son un tradutor con tecnoloxía neuronal, a primeira aplicación que entende o galego oral e o converte a texto e outra que a partir dun texto é quen de ler en galego
 

10/05/2023 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a nova edición do certame de relatos breves para celebrar o día das letras galegas entre a rapazada

Establécense dúas categorías de participación: nivel 1 para 5º e 6º de Primaria e nivel 2 para 1º e 2º de Secundaria

09/05/2023 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Gadis asinan un convenio para promover a lingua galega entre a mocidade a través das plataformas dixitais

O titular de Cultura do Goberno galego, Román Rodríguez, e a directora de Marketing de GADISA, Melisa Pagliaro, selaron hoxe este acordo que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística

05/05/2023 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O alumnado do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas polo traballo “Desde a fiestra de don Paco”

Os carteis elaborados pola rapazada de Infantil e Primaria do centro lucense distribuiranse entre 2.000 puntos de Galicia, de España e do exterior

04/05/2023 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares

04/05/2023 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo

O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta xornada promovida ao abeiro da Lei Paz Andrade para impulsar os vínculos coa lusofonía

03/05/2023 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias destaca a figura de Fernández del Riego como “defensor dunha Galicia moderna” durante a entrega do premio Letras Galegas ao IES Castelao de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo acudiu ao centro escolar vigués para entregar o galardón convocado pola Consellería de Cultura

30/04/2023 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar

Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron premiados a ourensá Alba Guzmán Falcón, o coruñés Santiago Sánchez Villarino e a veciña de Pantón Carla López Otero

28/04/2023 | 12:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemorará o 17 de maio tamén desde o ámbito deportivo coa IX carreira Camiño das letras

Celebrarase con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que recorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, no propio contorno do Gaiás

28/04/2023 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023

Destina 200.000 euros a fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego e favorecer o tecido da industria editorial galega