Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

13/07/2023 | 19:34 | C. do Mar

As pemes galegas de transformación de produtos do mar impulsan este ano 50 proxectos de innovación por importe de 17,6 M€ para mellorar a súa competitividade

A Xunta apoia ás beneficiarias co 50 % do importe subvencionable e concede máis de 8,8 millóns de euros en axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, na convocatoria de 2023

10/07/2023 | 18:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o traballo conxunto de GKN Driveline e Aimen para que a automoción galega avance en tecnoloxías intelixentes

A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou hoxe na presentación de resultados da Unidade Mixta de Investigación de GKN Driveline e Aimen e do proxecto que desenvolveron ao amparo do programa Fábrica Intelixente e Sustentable

09/07/2023 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Galicia reforza as relacións comerciais con China cun novo acordo coa Cámara de Comercio e Industria do país asiático

Asinado no transcurso dunha viaxe a China levada a cabo estes días por representantes do Igape, dá continuidade ao impulsado no 2018, que fixo de Galicia a primeira Comunidade autónoma en contar cun memorando destas características cunha das cámaras de comercio máis importantes do país que agrupa máis de 10.000 empresas

08/07/2023 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica máis de 23.000 m2 de solo empresarial con bonificacións por un importe de case 1 M€

A comisión executiva da empresa pública Xestur asignou cinco parcelas localizadas nos polígonos industriais de Morás, en Arteixo, e no da Sionlla, en Santiago de Compostela

07/07/2023 | 15:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o desenvolvemento de baterías máis eficientes para o vehículo eléctrico a través dun proxecto liderado por Ferroglobe

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Arteixo na presentación de resultados da iniciativa Eco-Smart Batt, no que colaboraron as empresas Ferroglobe Innovation, ABCR Laboratorios, Enso Innovation, Artabro Tech e o centro tecnolóxico Cetim

06/07/2023 | 14:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a 5ª Edición de Fábrica Intelixente e Sustentable para apoiar proxectos que permitan seguir avanzando na transición industrial

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dotada con 24 millóns de euros e dirixida a promover iniciativas de I+D e innovación estratéxicas para o tecido empresarial galego

05/07/2023 | 15:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel dos empresarios galegos no exterior como embaixadores da Marca Galicia no mundo

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na clausura do IX Encontro internacional de empresarios galegos no mundo que se celebra no Grove

30/06/2023 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o proxecto Congals4.0 impulsado por Congalsa e Gradiant como modelo de transformación industrial

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na Pobra do Caramiñal na presentación de resultados desta iniciativa apoiada pola Administración autonómica no marco do programa de Fábrica Intelixente e Sostible

29/06/2023 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto Milkchain, promovido por Leche Río co apoio da Xunta, establece a trazabilidade do produto desde a orixe ata o consumidor

Na iniciativa participan tamén as compañías Proymaes (O Porriño), Innogando (Abadín), Himikode (Lugo) e PS Vet (Boqueixón)