Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Exterior:

23/01/2023 | 12:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda resalta o potencial da Galicia que bate récords históricos en exportacións para reforzar os lazos comerciais con América Latina

Salienta que as políticas da Xunta ofrecen “estabilidade e seguridade” ao sector, o que permiten impulsar a internacionalización do tecido empresarial galego

21/01/2023 | 11:29 | C. do Medio Rural

Galicia reforza a súa colaboración coa bretaña francesa en materia agrogandeira

O conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizarán a vindeira semana unha visita institucional á rexión gala

19/01/2023 | 19:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrécelles aos guionistas galegos novas oportunidades de internacionalización a través do programa ‘European Writers Club’

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais presenta as claves deste proxecto europeo e as posibilidades de expansión que lles brindará aos creadores de contidos audiovisuais nas sesións abertas a celebrar en Ourense na primavera

18/01/2023 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta debate a participación xuvenil na construción de Europa coa mocidade do ‘Movemento Europeo’

O director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, mantivo un encontro con mozos e mozas galegos beneficiarios do proxecto ‘A voz da xeración Erasmus’

12/01/2023 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta apoia en Ferrol a formación de dez alumnos retornados de Arxentina, Brasil e Venezuela que cursan un ciclo no CIFP Ferrolterra

Os participantes na iniciativa reciben unha bolsa de 6.500 euros para cubrir os gastos da viaxe, o aloxamento e a manutención durante este curso 2022/2023

05/01/2023 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta habilita unha orde de axudas dirixida a refuxiados ucraínos que carezan de recursos económicos

O Diario Oficial de Galicia publica esta liña de subvencións que conta cun orzamento total de 1,3 millóns de euros

04/01/2023 | 11:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa máis de 220 plans de internacionalización de pemes galegas en preto de medio centenar de países

O Diario Oficial de Galicia recolle a resolución da última convocatoria do Galicia Exporta Empresas que facilita actuacións como a participación en accións de promoción internacional, a planificación de axendas de contactos e seguimento de clientes no exterior ou a xestión de acordos comerciais internacionais