Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 189 novas da área temática Emigración:

08/02/2023 | 12:33 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta leva a exposición ‘El Camino de Santiago’ á Lexislatura da provincia de Córdoba

O secretario xeral da Emigración inaugurou esta mostra con fotografías de Manuel Valcárcel que permite achegar a Arxentina a experiencia da peregrinación a Compostela

06/02/2023 | 11:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda viaxa a Arxentina e Uruguai para achegar as novidades da nova estratexia Galicia retorna aos galegos residentes en ambos países

O secretario xeral da Emigración aproveitará a viaxe tamén para inaugurar unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago en Córdoba e para entregar diplomas aos galegos que participaron o ano pasado nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo

01/02/2023 | 14:30 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia a publicación mañá da nova convocatoria das bolsas BEME Máster durante o encontro cos bolseiros do presente curso do campus de Santiago

O secretario xeral da Emigración analizou cos galegos universitarios do exterior que están a realizar un máster na USC grazas a bolsa de Excelencia Mocidade Exterior a experiencia que están a vivir en Galicia

31/01/2023 | 12:35 | A Presidencia da Xunta

A Xunta planifica a colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo na atención aos retornados da Arxentina ante o seu importante incremento

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con esta entidade que leva anos traballando coa colectividade de retornados arxentinos
 

25/01/2023 | 17:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda avanza que a Xunta destinará 4 M€ este ano para que máis de 400 galegas e galegos no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido na man

Subliña que o emprego é imprescindible para o asentar poboación e que Galicia aspira a acoller a máis galegos “porque é de xustiza”

19/01/2023 | 13:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha unha orde de axudas a concellos que apoiaran no 2022 a familias ucraínas

O Diario Oficial de Galicia publica esta liña de subvencións que conta cun orzamento de máis de 780.000 euros

18/01/2023 | 13:46 | Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Vigo acompañou a máis de 2.000 familias chegadas á provincia de Pontevedra

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou que Galicia conta con cinco oficinas situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo

12/01/2023 | 16:14 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

O Goberno galego incrementa unha media de 500 € as contías das BEME máster para atraer aos 250 mellores expedientes universitarios do exterior na súa sétima convocatoria

O presidente da Xunta subliña que estas axudas se inclúen na Estratexia Galicia Retorna que busca favorecer “o regreso de 30.000 galegos no exterior ata 2026”