Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

05/10/2023 | 16:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. do Mar

Rueda enxalza o papel das empresas que xeran valor en Galicia e apostan polo produto local

Salienta o labor levado a cabo polas magníficas empresas familiares que crean riqueza na comunidade e son exemplo do selo Galicia Calidade

04/10/2023 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrece promocións en 22 casas de turismo rural lucenses ata o 17 de decembro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou no Corgo un dos establecementos adheridos á 17ª edición do programa Outono Gastronómico de Turismo Rural

04/10/2023 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros anima a coñecer os establecementos rurais da zona a través dunha nova edición da campaña Outono Gastronómico de turismo de Galicia

Na iniciativa, que se desenvolve ata o próximo 17 de decembro, participan un total de 79 negocios de toda Galicia que ofrecerán con motivo da ocasión dous menús coidados e baseados na calidade dos produtos galegos

03/10/2023 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta pon unha explotación de mazá para sidra na Estrada como exemplo da diversificación produtiva do rural galego e a súa mecanización

José González resaltou a importancia referencial do sector da mazá para sidra na Estrada, onde se recollen un millón e medio de quilos anualmente, e indicou a importancia de aplicar o I+D+I ao agro galego para fomentar a competitividade

27/09/2023 | 14:02 | C. do Mar

A Xunta lamenta que o goberno central ignore a solicitude de rebaixa do IVE dos produtos do mar

O conselleiro do Mar sinalou no Parlamento que o feito de que o Executivo estatal obvie esta demanda provoca unha progresiva diminución do consumo destes alimentos saudables e imprescindibles na dieta

26/09/2023 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visita unha bodega da D.O. Rías Baixas e sinala o sector vinícola como “exemplo de mimo e calidade dos produtos galegos”

O delegado territorial destacou o apoio e recoñecemento da Xunta ao sector vinícola como un símbolo de Galicia e unha actividade económica de gran importancia para a comunidade autónoma

25/09/2023 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta colaborará co sector para promocionar a carne de Ternera Gallega Suprema con certificación ecolóxica

Con este motivo, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria vén de asinar un convenio co consello regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e co das indicacións xeográficas protexidas Carne de Vacún de Galicia

22/09/2023 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o pulo da agricultura ecolóxica en Galicia na véspera do seu día europeo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou en Monforte de Lemos no acto de celebración desta efeméride, que ten lugar cada 23 de setembro