Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destinou 200.000 € ao acondicionamento do bordo litoral do esteiro do río Anllóns e á súa restauración ambiental
A actuación permitiu aumentar o percorrido da senda peonil existente na zona ata alcanzar os 4,5 quilómetros nos últimos treitos da ribeira do río, o que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos usuarios deste espazo
A Xunta detecta catro novos casos de gaivotas afectadas por gripe aviaria
Os novos positivos, que se detectaron nos concellos da Coruña, Sada, Xove e Vilagarcía de Arousa, foron trasladados aos Centros de Recuperación da Fauna Silvestre de cada provincia, dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
A Xunta impulsa unha rede de seguimento de bolboretas nos parques Monte Aloia, Corrubedo e Xurés que dará información clave sobre o estado dos seus hábitats
Os tres espazos naturais destacan por concentrar unha grande diversidade deste lepidóptero, que é un dos bioindicadores ambientais máis empregados a nivel internacional para obter datos sobre a conservación e a saúde da biodiversidade
A Xunta achega 22.900 € á reforma do miradoiro do Cabo do Mundo, no Saviñao, para lograr unha maior inmersión na paisaxe
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou a nova plataforma de madeira que engade unha altura de 5,10 metros sobre a estrutura orixinal
A Xunta concede máis de 500.000 € nun préstamo sen xuros ao Concello de Val do Dubra para a rehabilitación da antiga Tellería de Bembibre
Esta medida enmárcase no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes
A Xunta de Galicia destinará 2,4 M€ a fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación convocará cinco liñas de axudas para avanzar na mellora ambiental e laboral, así como para promover a eficiencia enerxética e a certificación das empresas desta industria