Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

16/07/2024 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
16/07/2024 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia

As descargas dos máis de 16.000 bonos turísticos da Xunta esgótanse en menos de quince días

A un moi bo ritmo e cun cento de bonos descargados por minuto nos primeiros días, os galegos descargaron xa os 16.666 bonos turísticos postos en circulación este ano

16/07/2024 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
16/07/2024 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior

Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces

16/07/2024 | 13:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

Manuel Pardo subliña as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico

Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM

16/07/2024 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta visita en Bolivia os proxectos financiados a través da Cooperación Galega en Charagua e a Chiquitanía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou as actuacións de cooperación para o desenvolvemento executadas pola Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e por Médicos do Mundo

16/07/2024 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a aportación de empresas como Altia para que Galicia incremente a súa resiliencia e siga a liderar a acción contra o cambio climático

A galega é a comunidade española con maior redución das emisións desde 1990 e a que ten maior capacidade de absorción de dióxido de carbono, cuestións nas que afondará o Plan rexional de clima e enerxía 2024-2030 que está en elaboración

16/07/2024 | 12:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due