Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

07/08/2023 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O consorcio Casco Vello de Vigo sortea as últimas catro vivendas rehabilitadas na rúa Real

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou este luns a sede da Asociación Évame-Oroza que se instalou nun dos locais alugados grazas ao concurso público

28/07/2023 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incrementa nun 64% a dotación do programa de axudas para a construción de vivendas en alugueiro

O programa, que pasa de 8,4 M€ a máis de 13,7 M€, está dirixido a fomentar a construción de vivendas en alugueiro por parte de promotores públicos e privados e financiase integramente con fondos da Unión Europea

27/07/2023 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asina un convenio para a construción de 286 novas vivendas de promoción pública

Os inmobles serán cofinanciados polo Goberno galego e con fondos da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

20/07/2023 | 15:50 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda avanza a licitación de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

Sinala que o Goberno galego fai cada ano un “grande esforzo” por promover novas vivendas protexidas e rehabilitar inmobles para alugueiro social

18/07/2023 | 12:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 7,2 M€ a construción de 38 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro

13/07/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia os trámites para abrir unha Comisión Bilateral co Estado e tentar resolver as dúbidas competenciais da nova Lei polo dereito á vivenda

Destaca que con esta iniciativa Galicia busca esgotar a vía de diálogo para aclarar e modificar aquelas disposicións que invaden o seu réxime competencial sen necesidade de ter que presentar un recurso de inconstitucionalidade

12/07/2023 | 15:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recibe unha nova listaxe da Sareb que reduce a 187 as vivendas que ten dispoñibles en toda Galicia

Segundo as últimas cifras facilitadas pola entidade financeira, só hai 20 inmobles en municipios cunha alta demanda, concretamente 2 en Vigo e 18 en Ferrol

12/07/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
12/07/2023 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta lembra que ata o 17 de xullo poden solicitarse as axudas para mellora da accesibilidade en vivendas e edificios residenciais

Gabriel Alén lembrou que a Xunta de Galicia ten aberto dende o pasado 15 de xuño a convocatoria do programa de axudas para financiar obras de mellora da accesibilidade no eido residencial, cun orzamento previsto para este ano de 9 millóns de euros