Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

02/04/2024 | 11:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe no Obradoiro os participantes do proxecto inclusivo ‘Sen límites’ que realizaron o Camiño de Santiago

A sexta edición deste programa de sendeirismo e montañismo con persoas do concello murciano de San Javier centrouse na peregrinación polo Camiño Francés desde Sarria

28/03/2024 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia impulsa 4 millóns de fondos europeos para os plans de sustentabilidade turística destinados á vila de Bouzas e á enogastronomía en Vigo

Dous millóns de euros para a posta en valor do casco histórico boucense, e outros dous para promover un plan gastronómico, no marco dos plans territoriais deseñados pola Xunta de Galicia de Vilas Termais e Cascos Históricos e de Enogastronomía

24/03/2024 | 12:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta implementa novas funcionalidades nas súas apps turísticas para facilitar o seu uso e planificación da viaxe

Xa se poden empregar actualizadas de cara a Semana Santa con melloras na súa xeocalización e coa incorporación de realidade aumentada nas que carecían dela

22/03/2024 | 12:39 | Axencia de Turismo de Galicia

O turismo galego afianza a súa desestacionalización cun incremento de viaxeiros do 3% en febreiro

Coincidindo co mes do Entroido, hoteis e pensións aumentaron o número de viaxeiros e melloraron a rendibilidade, segundo o Instituto Nacional de Estatística

21/03/2024 | 13:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Clúster de Turismo visibilizan as novas alternativas de emprendemento neste sector para xerar oportunidades de negocio innovadoras

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada Innovación emprendedora no sector turístico organizada polo Polo de Melide en colaboración co Clúster

20/03/2024 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Oficina de Turismo da Xunta en Vigo supera os datos anteriores á pandemia e recibe máis de 57.000 consultas en 2023

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores o punto de información turística do Goberno galego na rúa Cánovas del Castillo

18/03/2024 | 11:52 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta lanza unha nova convocatoria de 14 bolsas de formación nas oficinas de información turística

O Diario Oficial de Galicia publica as bases desta edición para a que Turismo de Galicia destina un total de 90.000 euros para a realización de prácticas durante seis meses

16/03/2024 | 20:40 | Axencia de Turismo de Galicia

A Unión Europea de Ciclismo recoñece o traballo da Xunta a prol deste deporte e do cicloturismo

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recolle o recoñecemento no transcurso da inauguración do congreso internacional que se celebra desde hoxe en Santiago

15/03/2024 | 14:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove esta fin de semana Galicia como destino sostible e de calidade na feira B-Travel

Turismo de Galicia conta cun expositor propio no certame turístico de referencia de Cataluña que se celebra en Barcelona desde hoxe e ata o domingo