Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

16/12/2023 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima ás mulleres galegas a inscribirse no programa ‘Lideramos’ para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

Ata 120 mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e en clases maxistrais en liña, así como en sesións de networking e formación presencial atendendo ao fortalecemento de perfís ou ás competencias brandas

15/12/2023 | 14:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a contribución das mulleres rurais ao desenvolvemento de Galicia e sinala a importancia de conferirlles o espazo que se merecen

A secretaria xeral da Igualdade Sandra Vázquez, participou hoxe na clausura da exposición itinerante ‘Mulleres, símbolo do rural’, na sede da Valedora do Pobo

15/12/2023 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo que as mulleres emprendedoras supoñen máis da metade das persoas atendidas no Polo de Mondoñedo

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha xornada na que dúas mulleres expuxeron os seus proxectos consolidados no rural, no marco dos máis de 40 atendidos no Polo de Mondoñedo

15/12/2023 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballa na sensibilización da mocidade contra a violencia sexual a través da campaña Agresión Off que hoxe chega ao IES de Curtis

O Goberno galego está a desenvolver a campaña ‘Agresión Off’ dirixida a formar e informar contra a violencia sexual nunha vintena de concellos pertencentes á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero

14/12/2023 | 18:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove conversas sobre empendemento feminino no Polo de Friol no que un 70% dos participantes son mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, asistiron hoxe á actividade para fomentar a creación de redes de contactos entre mulleres emprendedoras

14/12/2023 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede máis de 200.000 € en axudas a 18 proxectos empresariais liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria de emprendemento feminino durante unha visita a unha das beneficiarias deste plan autonómico