Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 297 novas da área temática Formación:

30/06/2023 | 10:11 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación provisional de admitidos e excluídos no exercicio de lingua galega do concurso-oposición para o ingreso en 54 categorías de persoal estatutario

Resultan admitidas provisionalmente 37.728 persoas nos procesos de concurso-oposición para un total de 2.221 prazas ofertadas

28/06/2023 | 18:43 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a calidade da docencia impartida no Centro de formación profesional Povisa

O conselleiro de Sanidade asiste ao acto de titulación de técnicos superiores deste centro no que, durante 18 anos, impartiu clase

28/06/2023 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa EduReferentes pecha o curso coa participación de máis de 1.000 alumnos

A directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, destaca esta acción a prol da igualdade de oportunidades e a superación dos estereotipos de xénero

28/06/2023 | 10:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa a nova convocatoria de programas integrados para que concellos e entidades sen ánimo de lucro formen 4.600 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria desta iniciativa plurianual para 2023-2024 coa que se estima poñer en marcha 46 programas

27/06/2023 | 17:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará tres millóns de euros para a formación dun centenar de persoas a través da formación dual adaptada nos vindeiros tres anos

Poderán participar persoas con discapacidade intelectual e, como novidade, amplíase tamén a persoas con problemas de saúde mental

26/06/2023 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén salienta a ampla oferta formativa da FP Dual nos centros de formación da provincia de Ourense

O delegado territorial puxo en valor os estudos de Ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior en Vitivinicultura na modalidade de FP Dual

24/06/2023 | 12:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

23/06/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

Galicia recibe dous galardóns no Congreso Nacional de Formación e Emprego Inclusivo de Granada

O Centro Nacional de Referencia de Artesanía distingue á Fundación Artesanía de Galicia polo seu impulso dos oficios artesanais como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional