Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Exterior:

10/02/2023 | 15:34 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración leva ao Uruguai a campaña de presentación da nova estratexia Galicia Retorna 2026, que aposta fortemente polo ámbito laboral

O secretario xeral da Emigración, xunto á delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, explicaron no Centro Gallego de Montevideo as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior

09/02/2023 | 17:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Goberno galego destaca o seu interese por manter e reforzar as relacións con Polonia que tan bos resultados aportan tanto no eido institucional como no económico

No encontro avanzaron asuntos de interese para os dous territorios, como as relacións comerciais, os retos enerxéticos ou os vínculos cada vez máis estreitos entre galegos e polacos por mor do turismo

09/02/2023 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta os obxectivos e resultados da Axenda Galega de Capacidades ás rexións e municipios de Europa

O pleno do Comité das Rexións tamén debateu a protección dos espazos naturais da UE e do gando fronte ataques dos grandes carnívoros

09/02/2023 | 13:24 | Secretaría Xeral de Emigración

A Arxentina é o primeiro país en acoller a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2026, co dobre de medidas e orzamento ca anterior

O secretario xeral da Emigración, acompañado do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, explicaron as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior

08/02/2023 | 16:20 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a coordinación cos responsables dos distritos forestais portugueses da fronteira con Galicia para mellorar a loita contra o lume

O director xeral de Defensa do Monte e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias mantiveron unha reunión por videoconferencia cos representantes lusos na que se analizaron os incendios das últimas semanas na área xeográfica común

08/02/2023 | 11:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda mantén unha reunión coa Casa de Galicia de Córdoba para coñecer a realidade actual dos galegos residentes nesta provincia arxentina

O secretario xeral da Emigración mantivo tamén un encontro cos representantes da Casa de España, interesándose pola situación da colectividade española e firmando no Libro de Ouro da institución

05/02/2023 | 10:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un total de 160 investigadores realizarán estadías e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal grazas ao programa ‘Iacobus’

Das máis de 300 candidaturas presentadas, seleccionáronse 102 para modalidade de estadías de investigación e 50 para a de publicacións

02/02/2023 | 13:33 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre a convocatoria de 250 bolsas BEME de Máster en Galicia para mozos galegos residentes no exterior

O Goberno galego incrementa nunha media de 500 euros estas axudas para o próximo curso 2023/24 que permiten aos galegos universitarios do exterior realizar un máster nunha das tres universidades galegas

30/01/2023 | 14:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración inviste 575.000 € ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior

A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable

26/01/2023 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha vintena de estudantes noruegueses coñecen o sistema educativo galego no marco do programa de intercambios promovido por Xunta e USC

A actividade está financiada pola Xunta a través da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030