Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

16/10/2023 | 19:02 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona a excelencia dos viños galegos en Madrid e sitúa á nosa comunidade como referente enoturístico

José González puxo en valor a longa traxectoria das Catas de Galicia, que levan 35 edicións impulsadas polo Goberno autonómico para recoñecer e premiar o bo facer dos produtores e adegas da nosa terra

16/10/2023 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor anima aos coruñeses a aproveitar o Bono Comercio que conta cun orzamento de 2,5 M€

As persoas consumidoras teñen á súa disposición un desconto de 30 euros para as compras nos establecementos adheridos, que suman xa máis de 4.000

14/10/2023 | 14:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda felicita ás máis de 400 adegas galegas por acadar a vendima “máis abondosa” da última década

Apunta que a exquisita calidade dos viños supón tamén un reclamo turístico cada vez máis afamado e contribúe a engrandecer a marca Galicia Calidade

13/10/2023 | 18:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o tecido empresarial transfronteirizo na presentación de Mercatus

Trátase dunha iniciativa da Confederación Empresarial do Alto Miño (Ceval) e a Cámara de Comercio de Tui, coa colaboración da Cámara Municipal de Valença do Minho e o Concello de Tui

12/10/2023 | 17:10 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre o manexo sustentable no viñedo e calidade dos viños na denominación de orixe Ribeiro

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia é a responsable desta formación, que terá lugar en Ribadavia o 25 de novembro

12/10/2023 | 15:20 | C. do Medio Rural

A Xunta abre o prazo para participar na Cata de Queixos e Meles de Galicia deste 2023

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria promove esta degustación, que terá lugar do 15 ao 17 de novembro

11/10/2023 | 17:08 | C. do Medio Rural

A Xunta colabora na celebración da II Festa da Vendima de Monterrei para poñer en valor os viños da comarca

Terá lugar o vindeiro sábado 14 e está promovida polo Concello e o Consello Regulador da Denominación de Orixe

11/10/2023 | 15:46 | C. de Economía e Industria

Os produtos da empresa Arzuá Queixería Barral contan xa co selo de Galicia Calidade

Ana Méndez, xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, entrega o certificado de garantía a esta empresa familiar

09/10/2023 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que os Rías Baixas están entre os mellores viños brancos do mundo

José González amosou a súa gratitude aos 5.000 viticultores e 179 adegas que conforman esta denominación de orixe e que “fan posible que Rías Baixas sexa coñecida e recoñecida pola produción de viño de calidade”

06/10/2023 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso a prol do sector da castaña con medidas de fomento para impulsar o aproveitamento deste recurso forestal

O director xeral de Ordenación e Planificación Forestal, José Luis Chan, asistiu á inauguración do Foro da Castaña de Riós que acada a súa segunda edición