Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

08/05/2023 | 12:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Rede CeMIT súmanse á celebración do Día de Internet

A Rede CeMIT participa na conmemoración do Día de Internet co webinar “Inclusión dixital: a tecnoloxía como ferramenta de accesibilidade para a cidadanía”

07/05/2023 | 11:30 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia incrementa a súa capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e reter talento dixital

A porcentaxe de matriculados en carreiras STEM no Sistema Universitario Galego incrementouse un 3,6 % en dous anos

05/05/2023 | 20:51 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta presenta Galicia como un escenario de oportunidades para profesionais e empresas tecnolóxicas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública clausurou esta tarde o Congreso de innovación tecnolóxica Ecosystems 2030 Summit

04/05/2023 | 11:35 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que interveu na Coruña na apertura de Ecosystems 2030, pon como exemplos a Axencia Española de Intelixencia Artificial, o Polo Cuántico e a Cidade das TIC

28/04/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías, dotadas cun orzamento de 6 M€

Trátase de incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector

26/04/2023 | 14:08 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca o traballo dun consorcio de empresas liderado por Viña Costeira no avance cara á dixitalización do sector vitivinícola

Hoxe informouse, na sede da bodega en Ribadavia, do proxecto Libatio para a dixitalización das fases da maduración e fermentación do viño, que participou no programa Conecta Hubs da Axencia Galega de Innovación

A dixitalización do tecido produtivo, especialmente das pemes, é un dos obxectivos prioritarios da política galega de I+D+i co obxectivo de contribuír a mellorar a súa competitividade
 

23/04/2023 | 11:30 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove as vocacións e talento femininos no Día Internacional das rapazas nas TIC

A Rede CeMIT e o Centro GaiásTech celebran unha xornada lúdica formativa destinada ao alumnado de entre 8 e 14 anos

22/04/2023 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública

O plan Digitalent 2030 comenza o segundo trimestre do ano con máis dunha decena de iniciativas destinadas a fomentar o talento precoz e a especialización tecnolóxica

Entre abril e xuño están convocadas diferentes actividades para fomentar as vocacións STEAM entre os máis novos e para achegar os perfís dixitais a estudantes universitarios e de Formación profesional

20/04/2023 | 17:34 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Nodo Galego de Ciberseguridade e o Portal de Transparencia da Xunta reciben os premios ‘Socinfo Digital’

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, inaugurou esta mañá a xornada “Prioridades TIC nas AAPP de Galicia ante os Fondos Next Generation” organizada pola revista ‘Sociedad de la Información Digital’

15/04/2023 | 12:26 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica súmase á campaña europea “All Digital Weeks 2023” cun programa de actividades para mellorar as habilidades dixitais da cidadanía

A Rede CeMIT e o Centro GaiásTech acollerán desde o 18 de abril un ciclo formativo centrado na ciberseguridade e na capacitación dixital para a equidade, diversidade e inclusión