Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

23/05/2024 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a colaboración coa Asociación de empresas de Inserción de Galicia para avanzar no emprego inclusivo e nunha sociedade máis xusta

Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes, José González puxo en valor o papel deste tipo de empresas no eido da sustentabilidade, confirmando o enfoque da 2ª Estratexia galega da economía social 

22/05/2024 | 15:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o papel das empresas familiares á hora de dinamizar a economía galega e facer medrar a comunidade

Resalta a súa importancia “por volume, por calidade das actividades desenvolvidas e por tradición”

22/05/2024 | 13:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta remarca o traballo dos centros especiais de emprego de Galicia na inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral ordinario

Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes, José González destacou os 131 centros especiais de emprego (CEE) activos en Galicia

22/05/2024 | 12:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina preto de 4,2 M€ ao novo programa de 1ª experiencia profesional para impulsar a contratación de menores de 30 anos nas empresas galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que prevé incorporar entre 250 e 410 persoas en toda Galicia, ás que se lles ofrece a oportunidade de acceder a contratos de formación e de recibir cualificación en competencias brandas

21/05/2024 | 15:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de selección temporal de catro categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 23.541 inscricións para as categorías de auxiliar administrativo, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche

21/05/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a importancia do programa Mentoring da Xunta para preparar a mocidade no salto á vida laboral

A iniciativa, que suma cinco edicións achegando á xuventude ao tecido empresarial, colaborou xa con 1.200 persoas cun exitoso resultado de inserción laboral

21/05/2024 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González salienta a importancia dos programas de activación para o emprego para axudar ás persoas con máis dificultades a acceder a un traballo

A iniciativa, coa previsión de estenderse ata 2028, acaba de comezar coa participación dunhas 80 persoas, sobre 60 en Santiago, no Centro Integrado de Formación Profesional, e unhas 20 na Lanzadeira de Emprego Nómade da Coruña

20/05/2024 | 19:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Quince centros galegos participarán na primeira Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo os días 23 e 24 de maio

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan na presentación deste evento educativo

20/05/2024 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Universidade de Vigo ultiman as primeiras actuacións de impulso do Campus Auga de Ourense como campus especializado

O secretario xeral de Universidades e os responsables do campus avalían as accións que se formalizarán nun convenio a través do cal o Goberno galego investirá máis de 3M€

19/05/2024 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta do festival “Latexos do Rural” de Riós pola cultura e pola dinamización económica da súa contorna

José González mostrou o seu apoio aos negocios que conforman as economías locais a través de ferramentas como a Rede de polos de emprendemento, con catro centros activos na provincia de Ourense, un deles en Verín