Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

18/03/2024 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta comeza os traballos para deseñar o Plan director da industria metalmecánica

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime)

17/03/2024 | 10:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa máis de 100 misións comerciais de pemes galegas en máis de 30 países reforzando a internacionalización do tecido produtivo galego

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova convocatoria do Plan de Misións Comerciais, que suma 2,4 millóns para promover accións de ata 600 pemes, impulsando misións empresariais directas ao estranxeiro así como a participación en feiras ou noutros eventos expositivos

16/03/2024 | 22:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o labor de BNI Sinergia na súa aposta pola cooperación empresarial na área de Vigo para mellorar a competitividade do tecido produtivo

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na celebración do décimo aniversario deste grupo de networking que suma 38 empresas que xeran máis de 400 empregos

15/03/2024 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Granada a marca Artesanía de Galicia como exemplo de posicionamento no mercado

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no Workshop “Artesanía alpujarreña y moda sostenible. Resignificar la artesanía”, que impulsa o Centro de Referencia Nacional de Artesanía dentro do seu programa Artesanía de Vanguardia Alpujarra

15/03/2024 | 13:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o labor de asesoramento e protección que realiza o Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Sinala que, o pasado ano, o IGCC atendeu 37.730 consultas, tramitou 22.813 reclamacións e abriu 1.425 expedientes sancionadores por importe de 11,6M€

15/03/2024 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Conxemar as distintas liñas de apoio á industria transformadora de produtos do mar

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo na xornada organizada pola asociación onde destaca as cifras “récord” das exportacións galegas coa contribución das industrias transformadoras de peixes e mariscos, que incrementaron as súas vendas ao exterior nun 3%

14/03/2024 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiará ao sector dos ascensores no seu impulso e modernización

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, interveu en Santiago na xornada ‘Oportunidades do programa de mellora da accesibilidade’

14/03/2024 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con máis de 500.000 euros a autónomos e pemes do Salnés

O delegado territorial visitou Move Cartón, en Cambados, que recibirá unha achega de 80.000 euros para a compra de maquinaria e a contratación dun traballador

13/03/2024 | 13:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica Syngenta como unha empresa motor e referente da biotecnoloxía galega

Sinala que en Galicia dá emprego a un total de 120 persoas, un 50 por cento mulleres

12/03/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello de Ortigueira reforzan a súa colaboración para atraer investimentos empresariais cara ao municipio coruñés

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde, Valentín Calvín, no que abordaron diferentes iniciativas para mellorar o aproveitamento das infraestruturas industriais do municipio