Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

25/02/2024 | 19:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o espectáculo do Gran Camiño que xa é, por méritos propios, unha das mellores carreiras do circuíto profesional

Entrega o maillot amarelo Xunta de Galicia ao vencedor da terceira edición de O Gran Camiño, o danés Jonas Vingegaard que repite a súa vitoria do ano pasado  

25/02/2024 | 16:56 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade en funcións participa na II edición da carreira “CORREMOS contra o cancro”

Por segundo ano consecutivo, García Comesaña participa neste evento deportivo que organizan a Asociación Español Contra o Cancro e o Concello de Mos

25/02/2024 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza os fitos do ciclismo galego tanto no ámbito amateur coma no profesional e recorda que en Galicia xa son 8.500 federados

Fai fincapé na importancia da consolidación dunha competición profesional en Galicia como é ‘O Gran Camiño’ que xa transita pola súa terceira edición e que no día de mañá rematará no Monte Aloia, coa presenza do propio secretario xeral para o Deporte

23/02/2024 | 17:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete presenta o campionato de España deste sábado en Lugo como a gran homenaxe ao mellor piloto nacional de motocross da historia, Jorge Prado

O secretario xeral para o Deporte destaca os patrocinios da Xunta aos pilotos de motocross e desexa a mellor das sortes a Rubén Fernández, que rematou o pasado mundial nunha brillante quinta posición, Aarón Bernárdez e Xurxo Prol, na categoría raíña, así como Valentino Vázquez, Raúl Villadoniga e Jerónimo Criado, na categoría de MX125
 

22/02/2024 | 19:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial de Galicia para acoller probas deportivas de primeiro nivel como a terceira edición de ‘o gran camiño’

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, asistiu hoxe na Coruña á entrega de premios da primeira das catro etapas da proba ciclista

16/02/2024 | 22:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca á vela galega como referente internacional e augura novos éxitos olímpicos para as xeracións máis novas

O secretario xeral para o Deporte recibiu o recoñecemento da Real Federación Galega de Vela polo Programa Corresponsables como mellor proxecto de promoción da vela que levou actividades da vela deportiva a preto de 1.500 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos

09/02/2024 | 11:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a importancia da clásica nacional de BTT A Gran Bikedada nun dos mellores momentos da historia do ciclismo galego

O secretario xeral recoñece a dureza da proba asegurando que ‘A Gran Bikedada’ “é para todos, pero non é para calquera” e destaca as catro distancias diferentes, así como a novidade de competir na subida de tres picos, o que será a ‘Tripla Coroa’

06/02/2024 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta profundamente o pasamento de Miguel Ángel González, “un dos mellores futbolistas e o mellor porteiro que ten dado Galicia”

Recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia de man do presidente en 2013 nunha gala celebrada no seu Ourense natal