Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

07/12/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cualedro abordan o proxecto municipal de humanización e mellora dos servizos públicos na rúa Maior da Xironda

Ambas administracións analizaron tamén o estado de tramitación do proxecto de creación dun punto limpo que promove a agrupación de municipios conformada por Monterrei, Trasmiras e Cualedro

01/12/2023 | 15:46 | C. de Economía e Industria

Lorenzana e o alcalde de Rianxo exploran vías de colaboración para impulsar o tecido industrial do municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co rexedor do concello coruñés no que se valorou a posibilidade de desenvolver proxectos que poidan resultar estratéxicos para a zona

24/11/2023 | 15:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca en Madrid a competitividade do seu modelo fiscal

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos participou no XII Foro de las Autonomías celebrado en Madrid

22/11/2023 | 21:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o seu compromiso coas infraestruturas de Lugo e pide ao Concello axilidade na tramitación de proxectos conxuntos

Adianta que se licitará en cuestións de días a estación de bus da intermodal e invita á alcaldesa a unir forzas para demandar uns servizos ferroviarios á altura da cidade

22/11/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Ortigueira cunha axuda de case 163.000 euros para a adquisición dun vehículo multiservizos entre outros investimentos

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou a nova adquisición para a prestación de servizos municipais

20/11/2023 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias advírtelle ao Concello de Lugo que o conflito da limpeza está a causar graves prexuízos nos colexios

O delegado territorial da Xunta trasládalle a preocupación, compartida polos centros educativos, por que se poida producir un problema de saúde pública