Actualidade
Buscador de novas
Rueda participa na concentración moteira internacional Motococido 2024 en Lalín
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na concentración moteira internacional Motococido 2024 que se celebra en Lalín.
A Xunta promove entre o sector turístico galego sesións formativas para poñer en marcha o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular
Celebraranse o luns en Santiago de Compostela e o martes en Sober no marco desta iniciativa financiada con fondos Next Generation e que se leva a cabo co resto de comunidades da España Verde: Asturias, Cantabria e País Vasco
A Xunta promove esta fin de semana a ‘Primavera de Portas Abertas’ nas rutas dos viños na Ribeira Sacra
Da man de Turismo de Galicia, un grupo de influencers especializados en enogastronomía e viaxes divulgan a iniciativa que comezará en maio para o público
O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina
En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país
A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento
Despois de que Turismo de Galicia informase favorablemente, vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que se publicará no BOE
A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5 M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá 17 de abril
Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a consolidar Galicia coma un destino de calidade
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular
A denominación de orixe Ribeiro protagoniza esta fin de semana a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños
Turismo de Galicia organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe para promover as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que comezarán en maio para o público
A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución
A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos