Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

18/01/2024 | 09:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia publica as bases das axudas para que os concellos galegos contraten vítimas da violencia de xénero con 2,5 M€ orzamentados en 2024

O Goberno autonómico financia as retribucións salariais brutas totais das mulleres durante un máximo de doce meses

17/01/2024 | 19:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a contribución á igualdade da piragüista Teresa Portela como exemplo da Galicia xusta e diversa pola que traballa a Xunta

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na entrega do VIII premio Executivas de Galicia á palista

15/01/2024 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de presentación para o concurso do deseño do cartel do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Poderán participar da iniciativa das consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades os centros educativos galegos, como en edicións anteriores

15/01/2024 | 10:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica unha nova convocatoria con 700.000 euros para que entidades sen ánimo de lucro impulsen a inserción de vítimas de violencia de xénero

Financiaranse cun máximo de 80.000 euros os programas das asociacións encamiñados a favorecer a integración laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, xa que o emprego é o primeiro paso para acadar a independencia con respecto do agresor

13/01/2024 | 14:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo participa nun encontro en Ourense con mulleres beneficiarias do programa autonómico ‘Lideramos’ de impulso do talento directivo feminino

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade tomou parte na xornada ‘Ferramentas prácticas para o liderado feminino, a mellora profesional e a xestión de equipos’ enmarcada nesta iniciativa que se celebrou na CEO

12/01/2024 | 10:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os establecementos de lecer nocturno poden adherirse desde hoxe ao protocolo autonómico contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas

O documento está a dispor de discotecas, salas de festas, pubs ou cafés espectáculos na páxina web de Igualdade da Xunta
 

11/01/2024 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor informa que está aberta a convocatoria de case 11 m€ para axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM

O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está dirixido a concellos, consorcios ou mancomunidades, de xeito individual ou con xestión com-partida

10/01/2024 | 13:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aneiros lembra aos concellos que teñen ata o 8 de febreiro para solicitar as axudas para fomentar a igualdade e a conciliación e financiar os CIM

A convocatoria publicada no DOG contempla tres liñas de achegas orientadas a soster os gastos do persoal dos Centros de Información á Muller (CIM), a desenvolver programas municipais de igualdade e prevención da violencia de xénero e a fomentar a conciliación no ámbito local

10/01/2024 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a empresa impulsada pola Asociación de Empresarios de Mos para mellorar a inserción laboral de vítimas da violencia de xénero

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación de ‘Activa Emprega’, que culmina máis de 15 anos de colaboración de Aemos coa Xunta a través de programas de inserción laboral para persoas vulnerables

07/01/2024 | 11:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica mañá a convocatoria de case 11 M€ en axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM

O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que sae mañá no Diario Oficial de Galicia está dirixido a concellos, consorcios ou mancomunidades, de xeito individual ou con xestión compartida