Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

07/03/2024 | 19:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Club de Billar Adai na IV Copa de España feminina que se celebrará no Corgo en abril

A vixente campioa nacional, Maite Ropero, pertence á entidade lucense e competirá nesta proba polo título e por volver a clasificarse para os europeos do próximo ano

07/03/2024 | 19:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa defende un “deporte plural para todos e para todas” nas xornadas de deporte adaptado de Enki en Pontevedra

O secretario xeral agradeceu o traballo da Fundación Enki que o pasado ano foi recoñecida co Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa

07/03/2024 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/03/2024 | 12:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda pon en valor o papel do deporte na consecución da plena inclusión das persoas con discapacidade

Garante o apoio do Goberno galego en fomentar a actividade deportiva inclusiva e destaca o labor “fundamental” que realizan asociacións sociais e sen ánimo de lucro
 

29/02/2024 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón deportivo das Neves

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións, que contaron cunha achega de 140.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

26/02/2024 | 16:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o excelente estado de saúde da natación feminina na presentación do campionato universitario galego

Esta será a terceira edición do Campionato Universitario dende a pandemia, logo das edicións de 2022 -organizada pola Universidade de Vigo en Ourense- e de 2023 -organizada pola Universidade da Coruña en Ferrol-

25/02/2024 | 19:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a puxanza do piragüismo en augas bravas galegas con competicións como a Copa de España de slálom olímpico en Mondariz-Balneario

O secretario xeral apunta que a Xunta segue estudando a posibilidade de levar a cabo unha canle permanente de augas bravas en Galicia como unha das prioridades da Secretaría Xeral para o Deporte