Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.791 novas da área temática Cultura:

11/07/2024 | 21:17 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira

Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival

11/07/2024 | 20:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego

O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro

11/07/2024 | 12:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta coproducirá tres novos espectáculos de danza a través do Centro Coreográfico Galego

Son dúas pezas de compañías consolidadas: ‘Mover cenizas’, de Sólodos, e ‘Cicatriz’, de Kirenia Martínez; e outra proposta na modalidade de profesionais emerxentes: ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez

10/07/2024 | 19:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo

10/07/2024 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O rap feminista en galego de Flow do Toxo e a psicodelia pop de Naked Family soben esta semana ao escenario de ‘Atardecer no Gaiás’

As rapeiras do Condado actuarán mañá na Cidade da Cultura ás 21,00 horas e o venres será a quenda para os ritmos hipnóticos da banda madrileña

10/07/2024 | 14:02 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia un ano máis o Atlantic Fest para reforzar a Marca Galicia a través dos festivais

O director de Turismo de Galicia salienta que, “suma atractivos turísticos a Vilagarcía de Arousa e ao Salnés” e resalta o compromiso do Goberno autonómico con este destino como demostra, dixo, o centro de recepción de visitantes náuticos que vén de autorizar

09/07/2024 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos refírese ao Festival Castelo conta “como unha gran festa para celebrar as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura”

O representante da Xunta de Galicia agradece a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán nesta iniciativa que ofrece unha programación diversa