Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 384 novas da área temática Comercio:

17/03/2024 | 10:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa máis de 100 misións comerciais de pemes galegas en máis de 30 países reforzando a internacionalización do tecido produtivo galego

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar unha nova convocatoria do Plan de Misións Comerciais, que suma 2,4 millóns para promover accións de ata 600 pemes, impulsando misións empresariais directas ao estranxeiro así como a participación en feiras ou noutros eventos expositivos

08/03/2024 | 14:50 | C. do Medio Rural

A Xunta incorpora catro novos operadores ao selo Artesanía Alimentaria no marco da feira Merca delicadeza que se está a celebrar en Lalín

O mercado, organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Concello de Lalín, comezou hoxe e abrirá en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas ata o domingo, 10 de marzo

07/03/2024 | 11:26 | C. do Mar

Galicia aproveita a feira Foodex para aumentar a presenza dos seus produtos do mar no Xapón e no conxunto dos mercados asiáticos

Arredor de 120 empresas transformadoras da pesca e da acuicultura exportaron produtos por valor de 145 M€ o ano pasado con destino Asia

02/03/2024 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia dos oficios e das técnicas tradicionais para a creación de pezas artesanais de alta calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Santiago de Compostela o curso Marroquinería fina que imparte o artesá Ezequiel Franchi ata o 23 de marzo

02/03/2024 | 12:39 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra os produtos amparados baixo o selo de Artesanía Alimentaria na segunda edición de Merca Delicadeza

O mercado está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Concello de Lalín, co obxectivo de dar a coñecer os produtos amparados por este selo de calidade

02/03/2024 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta terá por primeira vez presenza institucional na feira alemá Prowein, na que promocionará os viños de 16 adegas galegas de cara a abrir novos mercados

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural, contará no evento cun posto propio que agrupará a estas empresas, e que xunto cos consellos reguladores, tamén presentes neste espazo, representarán en Düsseldorf ás cinco DO da nosa comunidade

29/02/2024 | 21:00 | C. de Economía e Industria

Os futuros nomes do deseño da moda galega demostran o seu talento nunha nova edición do desfile ‘Despunte’

A Escola da Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago organiza esta iniciativa na que se entregan máis de 7.000€ en premios