Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

03/08/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta autoriza a contratación das obras do Centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 6 M€

Resalta que o obxectivo é “fortalecer a ciberseguridade na administración pública, a cidadanía e as empresas” e “promover o desenvolvemento de proxectos innovadores e de I+D neste eido”

28/07/2023 | 13:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A porcentaxe de fogares galegos con internet volveu a crecer en 2022 ata alcanzar o 92,7%

A velocidade de conexión supera os 100 Mbps no 45,4% dos fogares galegos con internet, o que significou un aumento do 51,3% no último ano.

18/07/2023 | 18:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta mantén unha xuntanza cos empresarios de Redondela sobre as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico

O director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou que na actualidade, a dixitalización é clave para garantir a competitividade e a sustentabilidade do sector turístico

17/07/2023 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas por 6,2 M€ para impulsar os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación

A Consellería de Economía, Industria e Innovación mantén aberto ata o 14 de agosto o prazo de solicitudes da liña coa que se achega financiamento por dous anos máis

24/06/2023 | 12:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech

21/06/2023 | 10:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Clúster TIC Galicia traballarán da man para conectar oferta con demanda de emprego e poder dar cobertura ás vacantes do mercado laboral

A entidade que representa ao sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) súmase ao sistema de difusión de ofertas do Servizo de Emprego de Galicia tras a sinatura do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego

20/06/2023 | 18:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para impulsar proxectos de dixitalización que faciliten a transformación industrial das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nunha xornada informativa do Foro Empresa Pontevedra onde informou de que a convocatoria actual do programa de Dixitalización Industria 4.0 conta con 5M€ para apoiar a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor

09/06/2023 | 10:15 | C. de Facenda e Administración Pública

Últimas prazas dispoñibles para a xornada sobre os retos da Ciberseguridade en Galicia, que organiza o Nodo CIBER.gal o vindeiro 13 de xuño en Ourense

Os interesados en participar poden inscribirse de balde, en modalidade online ou presencial, a través do portal cibereguridadegalicia.gal