Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza que nos vindeiros días trasladará ao Concello de Lalín o estudo de alternativas para a construción da nova EDAR da localidade
O proxecto en redacción vén complementar o tanque de tormentas de Pontiñas e os novos colectores, cuxas obras está previsto que conclúan a finais deste verán
Belén do Campo destaca a aposta de 20 particulares e dous concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte polo fermosismo ao recibir máis de 100.000€ para corrixir impactos paisaxísticos
A delegada territorial da Xunta, o director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia e o alcalde visitaron a reitoral de Ameixenda e a escola unitaria de A Piolla, no concello de Cabana de Bergantiños
A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras o gran castiñeiro de Surribas, no concello do Irixo
Este exemplar de Castanea sativa Mill ten unha altura de 15 metros, un perímetro de 4,9 metros e unha idade aproximada de 200 a 250 anos
A Xunta pon en valor a Lei do litoral de Galicia como exemplo a seguir para as comunidades que aspiran a xestionar a súa propia costa
Ángeles Vázquez ofrece o seu apoio a Baleares, Valencia e Canarias, que tras o aval da Xustiza á norma galega xa manifestaron a súa intención de lexislar ao respecto
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita a senda do río Tea, galardoada recentemente coa Bandeira Sendeiro Azul
Galicia conta con preto de 50 roteiros galardoados con esta distinción, das cales máis de 30 atópanse na provincia de Pontevedra
A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do concello do Pino cun investimento de 2 M€
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación de bombeo, dunha depuradora e das conducións necesarias para o seu correcto funcionamento
Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con máis galardóns
Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan a bandeira
A Xunta destina 7 M€ a impulsar proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética no sector industrial da provincia da Coruña
Rueda resalta que se financian co Fondo de Transición Xusta, destinado ás zonas máis afectadas pola descarbonización como é o caso da provincia coruñesa tras o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de Carballo e Coristanco
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos