Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

30/08/2023 | 13:53 | C. de Economía e Industria

O proxecto europeo Navegando o futuro impulsado pola Xunta retoma a súa actividade con dúas formacións para promover a adopción de tecnoloxías avanzadas no tecido empresarial naval

Os eventos celebraranse os días 13 e 14 de setembro no Centro de Apoio Tecnológico á Indústria Metalomecânica en Oporto e no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol, respectivamente
 

30/08/2023 | 13:35 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 150.000 euros na instalación do equipo de radioloxía no centro de saúde de Ortigueira

O Sergas realizará un investimento da mesma cantidade na creación da sala de raios X dixitais no centro de saúde de Pontedeume

22/08/2023 | 13:32 | C. de Economía e Industria

Continua aberta a convocatoria de Fábrica Intelixente e Sustentable para apoiar proxectos de I+D+i estratéxicos para o tecido industrial galego

Dotada con 24 millóns de euros, prevé mobilizar 70 millóns no desenvolvemento de proxectos ata 2026 que permitan seguir avanzando na transición industrial

20/08/2023 | 10:54 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral

As Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaban de convocar a terceira edición do programa de Doutoramentos Industriais

08/08/2023 | 13:31 | C. de Economía e Industria

O luns pecha o prazo dos programas Innovapeme e Deseñapeme para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas

A Xunta aspira a apoiar 60 plans de innovación e deseño con estas axudas e mobilizar 9 millóns de euros

05/08/2023 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 400.000 euros a reforzar a actividade investigadora de oito finalistas da convocatoria do Consello Europeo de Investigación (ERC)

Os apoios establécense mediante un convenio entre a Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, así como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e máis a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (ambas do CSIC)

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

31/07/2023 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as tres décadas de traxectoria da Tecnópole no impulso a iniciativas empresariais innovadoras

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas o Parque Tecnolóxico de Galicia, destacando a súa importancia tanto para o mundo empresarial como para a tecnoloxía e a innovación