Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 187 novas da área temática Exterior:

30/03/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta expón as bases da futura Lei do litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

Trasládanlle a transcendencia para Galicia desta norma, pioneira en España, polo peso e a importancia que ten a costa desde o punto de vista económico, patrimonial e social

30/03/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia será a comunidade relatora da resposta do Comité Europeo das Rexións ás medidas sobre o futuro da pesca anunciadas pola Comisión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, será o relator do ditame sobre a sustentabilidade e resiliencia das comunidades costeiras da Unión Europea

29/03/2023 | 18:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia analiza no Comité Europeo das Rexións os acordos derivados do Brexit e o seu impacto na poboación europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa no grupo de contacto do Comité Europeo das Rexións e o Reino Unido

26/03/2023 | 14:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración salienta en Salvador de Bahía ante case 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno

O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Cabaleiros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna

25/03/2023 | 10:06 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda percorrerá algunhas das principais cidades do segundo país con maior colectividade galega, O Brasil, para expor as medidas de fomento do retorno

O titular da Secretaría Xeral da Emigración comeza hoxe en San Salvador de Bahía unha xira polas localidades que contan con maior presenza galega para detallar e aclarar posibles dúbidas sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023·26

23/03/2023 | 17:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar
23/03/2023 | 17:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón en Viseu os servizos de asesoramento personalizado que prestan os profesionais da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no IX Encontro internacional de xoves emprendedores (EIJE)

23/03/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España