Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

31/05/2024 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta lanza unha campaña de sensibilización para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e das redeiras

Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e busca un mellor coñecemento das causas laborais destas patoloxías co fin de que reciban a atención sanitaria axeitada e de que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos

31/05/2024 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González apela á colaboración dos actores da economía social para fortalecer un modelo baseado nas persoas e na cohesión do territorio

Destaca a aposta da Xunta para que a economía social siga a ser unha fórmula de referencia en Galicia ao promover valores como a equidade, a xustiza, a solidariedade ou o compromiso coa sustentabilidade

31/05/2024 | 13:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración avalía coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos as súas principais demandas

Avogou por unha Administración facilitadora para poñer a disposición dos autónomos axudas de xeito máis áxil para manter e motivar a súa actividade

31/05/2024 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o éxito dos programas Eduinspira e Eduindustria para promover o emprendemento entre o alumnado

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na clausura destas iniciativas, impulsadas pola Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta

30/05/2024 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Ferrol lembra a autónomos e pemes que poden solicitar as axudas para o emprendemento ata o 28 de xuño

Dentro das actuacións subvencionables atópanse investimentos relacionados coa adquisición de equipamento informático, mobiliario, en eficiencia enerxética, entre outros

30/05/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia aposta polo benestar e a igualdade laboral coa estratexia de seguridade e saúde no traballo

A xerente do Issga interveu hoxe na apertura do foro Novos retos en seguridade e saúde laboral: envellecemento poboacional, perspectiva de xénero e cambio climático, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo

29/05/2024 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia

29/05/2024 | 11:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A nova estratexia da Xunta en seguridade e saúde no traballo pon o foco no avance cara unha protección máis eficaz dos riscos psicosociais nos espazos laborais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, interveu hoxe na apertura da xornada técnica Xestión dos riscos psicosociais: abordaxe preventiva e normativa organizada polo Issga

28/05/2024 | 12:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

González reafirma o compromiso co emprendemento e o emprego para xerar riqueza e fixar poboación co foco posto no comercio e no retorno de emigrantes

José González destacou a aposta por cubrir as arredor de 15.000 vacantes laborais existentes, coa ferramenta EMi que liga oferta e demanda con intelixencia artificial, a análise das necesidades laborais en comarcas concretas ou microformacións flexibles