Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro
O fenómeno adverso afectará ao noroeste do litoral da Coruña por ventos do suroeste de forza 8
O 061 de Galicia reitera a importancia de extremar as precaucións nos desprazamentos por estrada durante as festividades do Nadal
Ao longo do Nadal do ano pasado, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 363 chamadas relacionadas cos accidentes de tráfico, que xeraron 270 asistencias. Nelas atendéronse 356 persoas, das que catro faleceron no punto do incidente
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro
O fenómeno adverso afectará ao litoral da Coruña por mar combinada do oeste con ondas de ata sete metros e ventos do suroeste rolando a oeste forza sete
O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 63 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 15 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 80 chamadas por accidentes de tráfico
Rueda destaca o Centro Integral de Loita contra o Lume como referente en formación, cooperación e investigación en incendios forestais
Subliña a “magnífica rehabilitación” da lavandaría do antigo psiquiátrico para convertelo nun espazo formativo e administrativo
A Comisión Galega de Protección Civil aproba a revisión dos plans de protección civil fronte a inundacións e accidentes no transporte de mercadorías perigosas
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión do pleno deste organismo na que tamén se abordou a actualización dos plans de emerxencia exterior de Foresa-Vilagarcía de Arousa, Cabo Prioriño e Arteixo Química
A Xunta imparte unha xornada formativa sobre as novas funcionalidades na plataforma destinada ao rexistro de agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na inauguración da xornada, na que se explicou o procedemento para cargar operativos preventivos na aplicación
A Xunta entregou nos últimos anos máis de 85 embarcacións pneumáticas ás Agrupacións de Protección Civil da comunidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de dous equipos destas características aos concellos de Arteixo e Cabanas
A Xunta destina máis de 400.000€ á adquisión de equipamento de emerxencias para 86 agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil