Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

06/05/2023 | 11:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na depuradora de Vilaboa

Os traballos, adxudicados por preto de 27.000 €, incluirán a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

05/05/2023 | 16:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitéralle ao Concello de Ponteareas a solicitude da documentación municipal necesaria para as obras da 1ª fase do saneamento de Ribadetea

O Goberno galego pide novamente á administración local que traslade a documentación necesaria para poder colaborar co Concello na execución destas obras, de responsabilidade municipal

28/04/2023 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobiliza un investimento de preto de 35 M€ para mellorar o sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa e atallar vertidos á ría e inundacións

Teresa Gutiérrez destaca o investimento autonómico en execución de máis de 10 M€ para acometer dous tanques de tormentas e renovar o tramo da rede de saneamento na marxe esquerda do río Con

15/04/2023 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, en Oia, que suporán un investimento de máis de 342.000 euros

A intervención ten como obxectivo incrementar a sección hidráulica na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión

13/04/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Caldas de Reis

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control

Augas de Galicia de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas, verificando recentemente o cese da contaminación, logo da instalación dun novo sistema de tratamento
 

12/04/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 1,6 M€ as obras de remodelación da ponte e de creación dun canle de augas altas na rúa Sol de Carballo, destinadas a reducir o risco de inundacións do río Anllóns

A intervención inclúe a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida, a instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de 2 pasarelas de acceso ao paseo fluvial

10/04/2023 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Muíños colaboran na mellora do abastecemento de auga aos veciños cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros

O obxectivo do convenio é dar solución aos problemas existentes para garantir a auga potable en situacións de escaseza de auga e de seca

08/04/2023 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará novas actuacións preventivas de illamento acústico na zona de decantación da estación depuradora de augas residuais dos Praceres

Os traballos incidirán nas medidas xerais implantadas na mellora do proceso de depuración da planta, para evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións

A intervención conta cun investimento que rolda os 36.000 € e consistirá na instalación de pantalla acústica e cabina de insonorización na zona de decantación

07/04/2023 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais domésticas na parroquia de Abeancos, no concello de Melide

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio