Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

17/07/2024 | 16:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a través de Fest Galicia a experiencia de música, gastronomía e patrimonio do 17º Ribeira Sacra

O evento é unha das citas musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa mediante a adhesión á súa marca de calidade para os festivais galegos

17/07/2024 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta sacará a concorrencia pública a xestión do polígono agroforestal de Oímbra en setembro

Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono

17/07/2024 | 15:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 7,2 M€ a execución das obras de mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Esta intervención suporá un investimento global de 8,2 M€, tendo en conta as expropiacións, e levarase a cabo entre os quilómetros 5+000 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol

17/07/2024 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou ás seis mulleres vítimas destes últimos días en España durante á visita o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña 

17/07/2024 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González destaca o papel da Fundación Laboral da Construción na formación e impulso á cobertura de vacantes no tecido económico galego

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade

17/07/2024 | 14:57 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 19 M€ á mellora de camiños rurais, con 583 actuacións nos concellos galegos

María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa no municipio de Carballedo, que contou cun orzamento de preto de 90.000€ a pasada convocatoria e tamén recibirá unha axuda similar para o período 2024-2025

17/07/2024 | 14:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Atardecer no Gaiás’ convoca ao público a bailar esta semana cos grupos A Pedreira e Mandale Mecha

Ugia Pedreira, unha das voces máis célebres de Galicia, presentará na Cidade da Cultura o seu último disco en solitario, ‘Basal’, o xoves 18 de xullo

17/07/2024 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Alfonso Rueda e José Tomé acordan impulsar a colaboración en infraestruturas, servizos sociais, emerxencias e turismo

O presidente da Xunta solicítalle formar unha fronte común para demandar unhas conexións máis eficientes para a provincia

17/07/2024 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia

Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)